Muros reclamará o céntimo sanitario por hidrocarburos

    MUROS> A alcaldesa, Caridad González, informou da intención do concello, de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias, de reclamar a devolución do imposto do céntimo sanitario por hidrocarburos. Segundo ela, técnico municipais estanse encargando de recadar as facturas por este concepto coa finalidade de que eses cartos volvan a reverter nas arcas do concello.