A Pobra volve destacar o papel da muller na ciencia

POBRA> Catro destacadas profesionais tomarán parte nas Xornadas Muller e Ciencia que se desenvolven este sábado na Pobra. Trátase xa da quinta edición destes encontros que buscan dar visibilidade á aportación profesional das mulleres en diversos campos científicos.

A Pobra volverá poñer sobre a mesa o importante papel das mulleres no mundo da ciencia. Farao a través de catro destacadas profesionais que participarán nas xornadas que se desenvolven este sábado pola tarde no auditorio do museo Valle-Inclán.

Abrirá o ciclo de charlas Ángeles Longa, responsable de proxectos de I+D+I do Consello Regulador do Mexillón de Galicia. Tomaralle o relevo a científica pobrense Laura González que traballa actualmente nas Azores como bióloga mariña.

Completan o listado de poñentes a doutora en Químicas María Álvarez que ofrecerá a charla ‘A ciencia e a ténica teñen nome de muller’ e a enxeñeira informática, Susana Ladra, quen disertará sobre Big data e xenómica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí