Aberto o prazo para inscribirse no ‘Lousame Concilia’ que este verán será gratuíto

LOUSAME> Aberto o prazo para participar no programa ‘Lousame Concilia Verán’ que pon en marcha o concello para ofrecer unha alternativa de conciliación ás familias. Por primeira vez, será de balde para tódolos participantes e terán prioridade os empadroados no municipio.

O concello de Lousame segue a apostar polo reforzo das políticas de conciliación. Este verán o ‘Lousame Concilia’ arranca cunha importante novidade posto que será gratuíto para tódalas familias do municipio.

O programa, dirixido a nenos de 3 a 16 anos, desenvolverase nas instalacións d nas instalacións do CPI Cernadas de Castro durante os meses de xullo e agosto, en horario de nove e media a dúas e media. Non será o único que se desenvolve no concello que destaca pola ampla oferta de conciliación que ofrece durante todo o ano.

O prazo de inscrición estará aberto  ata o 7 de xuño para menores empadroados en Lousame. De non cubrírense as prazas, abriríase unha segunda quenda para non empadroados. Para anotarse só hai que cumprimentar e entregar o impreso correspondente, que poden recoller nos Servizos Sociais de Lousame ou descargar na web municipal, acompañado da documentación requirida.