O BNG reclama a posta en marcha do viveiro de empresas de Boiro

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/16/bngboiroviveiroempresas1605141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/16/bngboiroviveiroempresas160514.mp4{/flowplayer}

    BOIRO> Denuncian o actual estado do Centro de Formación e Viveiro de Empresas da vila. O centro construíuse durante o bipartito co obxectivo de darlle un empuxe ó emprego e agora está inactivo.

    A semana pasada, Ribeira anunciou a próxima creación dun viveiro de empresas, o que levantou críticas de diferentes agrupacións políticas, tendo dous inutilizados na comarca: o de Boiro e o de Porto do Son. Hoxe o BNG boirense denunciou a deixadez do Centro de Formación e Viveiro de Empresas da súa vila, un espazo de case 3.500 metros cadrados pensados para estimular a formación e o emprego. A estrutura creouse co fin de dar acollida temporal a empresas que comezaban a dar os seus primeiros pasos. Conta inclusive cunha escola de cociña, para formar a desempregados que pretenderan reincorporarse ó sector da hostalaría. Agora como poden observar está sen uso e os arredores visiblemente descoidados. Compre lembrar que o centro foi galardoado co distintivo “Cidade da Ciencia e da Innovación” por parte do Ministerio de Ciencia. Xosé Deira, ex alcalde da localidade e promotor deste proxecto, reclámalle ó actual goberno que poña en funcionamento este recinto e saiba espremer as súas posibilidades.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí