Lousame aproba unha modificación de creto de 81 mil euros

    LOUSAME> A alcaldesa explicou que se debe ó cambio das asistencias, contempladas no Capítulo 1 dos orzamentos municipais, que, de acordo cos novos programas contables, deben figurar no Capítulo 2. Dentro da propia modificación, que saíu adiante cos votos a favor do equipo de goberno e a abstención do Partido Socialista e BNG, contémplanse tamén novas partidas para o abono de distintos traballos como é o caso da traída de augas en Fontefría, a compactación do campo de fútbol de céspede artificial da Silva ou do novo acceso ó centro de día. Durante a sesión alcaldesa deu conta tamén dos datos do padrón que, a falta da súa consolidación definitiva, reflicten un total de 3.869 habitantes (1.905 homes e 1.964 mulleres). Ademais procedeu á entrega ós grupos da oposición do informe sobre a execución do orzamento correspondente ó primeiro trimestre de 2014. Segundo a propia Teresa Villaverde cúmprese co principio de estabilidade orzamentaria e coa regra de gasto, convidando ós grupos da oposición a estudar o informe e resolver as súas dúbidas na próxima sesión plenaria.