PONTEVEDRA> O mercadillo abre ó público vendendo obxectos doados por fábricas, equipos de fútbol ou editoriais para recadar fondos.
{flowplayer}images/salnes/RASTRO_BENEFICO_PONTEVEDRA.flv{/flowplayer}
Roupa, zapatos, libros ou xoguetes, son algúns dos artículos que podemos atopar na tenda solidaria da asociación Xuntos. A iniciativa repite un ano máis, desta volta no centro de Pontevedra, con produtos de primeira categoría que chegan á cidade dende diferentes partes de España.
A edición deste ano, contou coa colaboración de coñecidas personalidades do mundo do deporte e da cultura. Fernando Alonso, Roberto Verino ou equipos de fútbol como o Celta, o Deportivo ou o Zaragoza, tamén fixeron a súa aportación ó rastro. Todo por unha boa causa.
Con este, van xa 15 anos que a asociación Xuntos organiza este rastro solidario. Unha iniciativa que en cada edición está máis consolidada.
A asociación manterá este mercadillo na praza de San José en Pontevedra ata o vindeiro día 8 de xaneiro. Ademais, dende Xuntos xa comezan a preparar outras iniciativas, como a súa gala benéfica que este ano cumpre a décimo terceira edición e que volverá contar coa colaboración de importantes artistas a nivel galego.
Redacción Salnés