Alberto Gómez Aneiros faise co XIII Premio Avilés de Taramancos

NOIA> O escritor ferrolán Alberto Gómez Aneiros vén de resultar gañador da décimo terceira edición do certame literario Avilés de Taramancos que convoca cada ano o concello de Noia e a Casa da Gramática do IES Virxe do Mar ca obra ‘O tesouro d’o Durado. O xurado do concurso, que fixo público esta mañá o fallo, destacou a calidade do relato, que foi elixido por unanimidade. A entrega do premio deste certame, que está galardoado cun único premio de tres mil euros e a publicación da obra, así como a entrega dunha escultura do artista noiés Alfonso Costa, terá lugar proximamente, nunha data aínda pendente de confirmar por parte da organización.