Nin a chuvia impediu a concentración a favor do Centro de Día de Rianxo

    RIANXO> Onte domingo a Plataforma celebrou unha nova concentración ás portas da casa consistorial para seguir reclamándolle á Xunta a posta en marcha deste servizo. Con menor presenza de xente do habitual debido á chuvia, os membros da Plataforma volveron saír á rúa para reclamarlle á Xunta a construción do centro de día na localidade. Nesta ocasión, por causas da adversa meteoroloxía, si decidiron abortar o habitual percorrido polas rúas da vila..todo se quedou esta vez nunha simple concentración, na que se puideron escoitar berros en contra da Xunta, e se insistiu na necesidade de dotar ó municipio deste servizo.. Van alá xa 76 días de peche no Concello. E os ánimos a pesar do longo tempo transcorrido dende o primeiro día do encerro non minguaron…é máis, parece que continúan intactos coma o primeiro día..dende a propia Plataforma aseguraron que continuarán no seu empeño ata obter unha resposta positiva á súa reivindicación, algo que consideran xusta.