BOIRO> O PP súmase ás queixas pola implantación da zona azul de aparcamento en varias localización do Concello. o
Os populares pídenlle ó executivo que reconsidere a proposta, que entenden ten un marcado afán recadatorio.
Dende o PP sinálanlle ó equipo de goberno, que tome exemplo da forma de actuar doutros concellos da zona, que en lugar de sancionar e multar, optan polo disco, sen custe para os petos dos veciños.











