O peixe do cerco e o café maridan da man de Óscar de Toro

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/19/xornadas_acercando_cafe.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/19/xornadas_acercando_cafe.mp4{/flowplayer}

     

    VILANOVA> As xornadas Acercando continúan coas súas propostas para promocionar o peixe do cerco. Hoxe, fixérono cunha das súas apostas máis arriscadas: demostrar que o café e esta pesca, maridan á perfección. O barista Óscar de Toro foi o encargado deste obradoiro dirixido a profesionais. 

    Algunha vez pensaron en combinar café con peixe? O barista Óscar de Toro si, e hoxe demostrou que maridan á perfección.

    Para esta ocasión, o peixe do cerco foi o protagonista do menú. Piruleta de xurelo marinado con crema de patata afumada e tempura de sardiña con café foron os dous pratos que se serviron hoxe en Pazo Baión. 

    Este obradoiro estivo incluído nas xornadas Acercando, dirixido a profesionais do sector, que non perderon detalle da demostración.

    O de hoxe foi un novo éxito no programa das xornadas organizadas pola Mancomunidade, moi satisfeita coa acollida da súa proposta.

    A seguinte cita para a reivindicación do peixe do cerco será este venres. Os chefs Xavier Olleros, Antonio Botana e Yayo Daporta serán os protagonistas do chef studio “Xarda, sardiña, xurel e descarte entre os fogóns”, que se celebrará na Praza do Corgo, no Grove.