O CAD pobrense celebra o seu sétimo aniversario

    POBRA> Esta pasada fin de semana tiña lugar no Auditorio do Museo Valle Inclán , o sétimo aniversario do Centro de Atención ó Discapacitado, depende do departamento municipal de Servizos Sociais. O acto reuniu a un gran número de persoas, e contou con diversas actividades, entre as que se incluiron diversas actuacións musicais, como é o caso do grupo de pandereteiras ‘Luminaria’. Ademais tamén se procedeu á entrega dos premios Max ós integrantes do propio grupo de teatro do CAD, un acto que estivo conducido polo cómico Pedro Brandariz, que fixo as delicias de tódolos asistentes. Unha vez rematada a entrega, tódolos asistentes, entre os que se atopaban diversas autoridades, como é o caso do alcalde, Isaac Maceiras, ou a edil de Servizos Sociais, Balbina Lojo, desprazaranse ata as propias instalacións do CAD para realizar unha visita e disfrutar dun pequeno aperitivo.

    Comments are closed.