GALICIA> A Xunta de Galicia reforzaráa aposta pola igualdade nos concellos coa concesión de anticipos de ata o 80 por cento nas axudas e subvencións para a promoción da igualdade nas entidades locais galegas durante o 2014. Segundo destacou a secretaría xeral da Igualdade, Susana López Abella, con esta convocatoria pretendese apoiar e consolidar as actuacións que se están levando a cabo desde as administracións locais en materia de igualdade, de prevención e eliminación da violencia de xénero, de conciliación así como tamén apoiar a Rede de Centros de Información ás Mulleres existentes en Galicia A resolución que se publica este mércores no DOG ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, ás entidades locais de Galicia, de forma individual ou mediante o sistema de xestión compartidas, destinadas a facer efectivo o principio de igualdade entre mulleres e homes, mediante a realización de actuacións dirixidas a favorecer a igualdade de oportunidades e de trato, á conciliación da vida persoal, familiar e laboral; á participación das mulleres na vida política, económica, social e cultural e á erradicación da violencia de xénero. A convocatoria é en réxime de concorrencia competitiva e está destinada tanto a entidades locais que presenten as súas solicitudes de xeito individual como mediante o sistema de xestión compartida. O seu orzamento é de 3,4 millóns de euros, cofinanciados ao 80 por cento polo Fondo Social Europeo. Existen tres tipos de programas subvencionables: programas de promoción da igualdade entre homes e mulleres e prevención da violencia de xénero; programas de de fomento da conciliación; e programas de apoio aos Centros de Información ás Mulleres.
Inicio Galicia