Rosa Quintana critica a alerta sanitaria do Goberno francés

GALICIA> Unha decena de franceses intoxicáronse, presuntamente, con mexillón galego. A titular de Mar defende os controis de calidade do Intecmar.

Tras a alerta sanitaria que executou o Goberno francés, a raíz dos 60 intoxicados que presuntamente comeron mexillón das rías galegas, a conselleira do Medio Rural e do Mar realizou unhas declaracións nas que defende os controis de calidade que se realizan desde o Intecmar. Rosa Quintana ten por seguro que é imposible que mexillón con toxina chegase ata o país veciño porque o sistema de detección galego e realmente minucioso. Segundo apunta a titular de Mar, esta non é a primeira vez que Francia e outros países da Unión Europea executan unha alerta semellante sobre o produto estrela das nosas rías, sen ter a confirmación correspondente. En ditos casos, coma no actual, ninguén logrou relacionar as intoxicacións cos bivalvos galegos. Quintana opinou que as autoridades francesas teñen máis fácil culpabilizar un produto español antes de realizar as investigacións oportunas. Non obstante a Xunta está a realizar estudios, pola súa parte, para esclarecer o asunto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí