Porto do Son destina máis de trescentos mil euros a melloras viarias

    PORTO DO SON> O concello sonense destinará preto de trescentos cincuenta mil eurós á mellora de viais en mal estado, nas diferentes parroquias do municipio. Por unha banda, o orzamento municipal recolle partidas por valor de cento sesenta mil euros para este fin que xa permitiron a reparación de diversas pistas e accesos nos lugares de Tarrío, en Baroña, Chamosas, en Queiruga, e Castelo, en Noal. Con cargo ó Plan DTC 93 da Deputación investiranse cento oitenta e cinco mil euros no acondicionamento de varias estradas do núcleo sonense que resultaron afectadas polo exceso de chuvia. xa que son numerosos os viais afectados, o executivo priorixou aquelas vías que supoñen o único acceso a núcelos de poboación, como son A Barcia, en Xuño, ou aquelas polas que discorre o transprte escolar. Tamén se acometerá o arranxo da pista que rodea a igrexa de Nebra.