Universitarias galegas crean empresas líderes no mundo

A semana pasada a Mancomunidade do Salnés ofrecía en Cambados a oportunidade de coñecer as testemuñas de mulleres empresarias, emprendedoras, que montaron os seus negocios da nada ou tomaron as rendas da empresa familiar par apoñerse á fronte e con moito éxito. É por isto quen os quixemos interesar polas ferramentas que hoxe en día teñen á súa disposición as galegas que desexan emprender, sobre todo á saída da Universidade. Demos con Woman Emprende. Woman Emprende é un programa dea xuda á creación de empresas que naceu no seo da Universidade de Santiago de Compostela como parte do proxecto Uniemprende. Con oito anos de traxectoria, creouse como ferramenta específica para atender ó emprendemento feminino: guiar ás estudantes que pensan crear unha empresa ó finalizar a súa titulación, pero tamén promover a cultura emprendedora entre a comunidade estudantil. Desde que se creo uno 2006, Woman Emprende canaliza unha media de 3 a 5 empresas ó ano que permanecer durante catro aproximadamente no viveiro do Edificio Emprendia, no Campus Su rde Santiago. Un tempo no que saíron adiante negocios innovadores, algúns con presenza xa internacional e incluso que xeran novos postos de traballo. Porque esas son as características que define nestes proxectos: alta innovación, creatividade e moito potencial. Empresas con mulleres á fronte que pouco apouco van rachando co cliché de emprendemento ligado á figura masculina. Empresas que nacen dunha idea que pode xurdir en calquera etapa da formación universitaria. Desde Woman Emprende, Eva López e os eu equipo sentan coa futura empresaria ou empresario, porque tamén hai mozos que acoden a elas, e anilizan a súa viabilidade. Este é o primeiro paso. Tanto ou máis esencial que ter unha boa idea e que a empresa sexa viable economicamente é posuír alma emprendedora. Estar preparada paras er empresaria. Con toda sas vantaxes er iscos que comporta. Unha vez constatado que a idea é viable, o estudo de mercado demostra que a empresa ten futuro e proxección económica, o seguinte é poñela en marcha. Moitas destas empresas precisa nunha inxección de capital inicial para botar a andar, inxección que para o perfil destes emprendedores, mozos universitarios, resulta difícil obter directamente en entidades financeiras. Para iso se creo uno marco da Universidade Unirisco, un fondo específico de capital risco. Á marxe destas axudas directas, desde a Universidade tamén se promoven concursos con premios económicos para promover a cultura emprendedora entre toda a comunidade estudantil. É o caso da décimo cuarta edición do concurso de ideas. Non hai límite de ideas a presentar nin compromiso de crear a empresa par aos gañadores. O prazo para participar abriu as emana pasada e alongarase ata novembro. Ideas quen un futuro, quen sabe, podería converterse en empresas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/07/womanemprende.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/07/WOMAN_EMPRENDE_REPOR.mp4{/flowplayer}