O BNG reclama máis cota de xarda para a flota galega

    GALICIA> A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou esta solicitude en base ós novos informes científicos sobre o stock ddesta especie. Segundo Olaia Fernández o Goberno coñece ben o malestar xerado no sector pesqueiro de cerco galego pola distribución das cotas de pesca da xarda no litoral do estado, en concreto no Cantábrico Noroeste, que mesmo desenbocou en numerosas manifestacións e actos de protesta ó supoñer un duro revés para eles, xa que se trata dunha das pesquerías máis importantes. Por esta razón a deputada nacionalista en Madrid pon de manifesto que o sector pesqueiro galego agarda agora que os malos augurios para a pesca desta especie que a Unión Europea estaba a barallar a finais do ano pasado se emenden, dadas as novidades que se recollen nos novos informes dos científicos que asesoran á este organismo. Olaia Fernández considera ademais que o tempo corre e que aínda que até decembro non se decidirán en Bruselas os TAC’s para a xarda, non hai boas previsións sobre a mesa. Aínda así segundo ela esa perspectiva pódese cambiar a raíz do dito informe polo que insta ó Goberno Central a traballar na UE para aumentar as cotas de xarda, facendo valer os últimos informes científicos.