O presente e futuro da lingua galega, a debate no curso de verán da USC en Ribeira

RIBEIRA> O concello de Ribeira acollerá un curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela sobre a lingua galega no século XXI. Abordaranse, entre outros temas, a transmisión interxeracional do galego no Barbanza, a diversidade lingüística a través da poboación inmigrante ou a influencia da Intelixencia Artificial no futuro da lingua.

Baixo o título ‘Desafíos e Fronteiras’, destacados expertos analizarán en Ribeira o presente e o futuro da lingua galega. Este curso de verán, organizado pola USC, desenvolverase entre o 8 e o 10 de xullo no Centro Cultural Lustres Rivas. O programa componse de varias ponencias a cargo de especialistas da Universidade e académicos así como numerosas mesa redondas nas que participarán tamén profesionais educativos de Ribeira.

Ademais da vertente académica, na que se analizará tamén a diversidade lingüística de Ribeira a través da inmigración ou o papel das tecnoloxías e a intelixencia artificial na lingua, o programa do curso inclúe actividades de lecer. Entre elas unha saída a Sálvora, visitas á lonxa e ó museo do Gravado de Artes ou un paseo literario polos camiños do mar de Ribeira.

Os interesados en inscribirse poden facelo ata o 28 de xuño. Hai un límite de 40 prazas.