O PSOE pide preservar o Barrio dos Cataláns polo seu valor histórico

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/22/psoebarriocatalanspobra2205141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/22/psoebarriocatalanspobra220514.mp4{/flowplayer} POBRA> Despois de presentar unha proposición non de lei no congreso, a través da deputada, Paloma Rodríguez, os socialistas levarán este asunto tamén ó pleno da corporación e ó Parlamento. O parlamentario socialista, Francisco Caamaño, achegouse esta mañá ata a zona do Areal, onde aínda se conservan parte desas infraestruturas, dentro do denominado Barrio dos Cataláns, fábricas de salgadura que foron o xermolo da primeira actividade industrial na zona, a finais do século XVIII, e que posteriormente deu inicio á importante industria conserveira. Acompañado da voceira do grupo municipal, Teresa García Guillán, e do coordinador comarcal, Carlos Gey, avogou pola necesidade de conservalo, como parte fundamental da nosa historia. Os socialistas non se opoñen ó proxecto de rexeneración ambiental promovido para a zona pola Demarcación de Costas, presupostado en máis de 3’5 millóns de euros, xa que consideran esta actuación coma imprescindible, pero si están en contra do derrubamento destas edificacións que mesmo aparecen especificadas no Catálogo de Edificacións e Bens a Protexer do Plan Xeral de Ordenación Urbanística da localidade. Ademais de presentar alegacións ó proxecto, agora en período de exposición pública, os socialistas interesaranse tamén por este asunto no pleno e tamén no Parlamento.

Comments are closed.