Mobilizacións en Pontevedra en contra da persecución sindical

PONTEVEDRA> Unhas 300 persoas das centrais sindacais máis representantivas manifestáronse esta mañá diante do edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra. O motivo: esixir o indulto para catro traballadores condenados recentemente por participar en manifestacións. A protesta deu comezo ás once da mañá e nela déronse cita delegados sindicais de Pontevedra, Vigo e Arousa de UXT, CIG e CC.OO, así como varias autoridades políticas, entre elas o alcalde. As trescentas persoas que se deron cita diante da audiencia proferiron cánticos contra o actual goberno, defendo o dereito dos traballadores a manifestarse e a facer efectiva a súa liberdade sindical. Tamén se fixeron sentir os berros de apoio ós catro traballadores condenados a penas de cadea tras ter participado en movilizacións, como o caso dos vigueses Carlos e Serafín, e as pontevedresas Ana e Tamara, traballadoras éstas das piscinas de Pontemuíños condenadas recentemente a tres anos de prisión. Os tres sindicatos amosáronse optimistas de cara á posible consecución do indulto grazas ó apoio masivo a nivel social. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/22/mobilizacion600_220514.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/22/mobilizacion_220514.mp4{/flowplayer}