Ravella aproba os orzamentos para 2016

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/01/orzamentos_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/01/orzamentos_vilagarcia.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> Vilagarcía xa ten orzamentos aprobados para o 2016. Esta mañá e tal e como anunciara o alcalde, o proxecto recibiu o visto bo inicial en xunta de goberno, despois de que no pleno da semana pasada os votos en contra da oposición tombaran a súa aprobación. Alberto Varela asegurou estar razoablemente satisfeito co documento, exactamente o mesmo que presentaron ao pleno do xoves.

Ravella esquiva o bloqueo institucional. Esta mañá, a xunta de goberno local aprobaba inicialmente os orzamentos para o 2016, despois de que no pleno do pasado xoves toda a oposición votara en contra. Esta manobra é posible grazas á nova lei de administración local.

Así as cousas, Varela asegurou estar razoablemente satisfeito coas contas. O documento aprobado mantén as modificacións que se fixeron a petición de BNG e Esquerda Unida, polo que o alcalde desmentiu ao voceiro do Partido Popular, que alertaba de posibles cambios.

O alcalde insistiu en que estes orzamentos teñen un marcado carácter social, e destacou as partidas que destina a saneamento e rural. Tamén que permitirá abordar obras moi demandadas grazas á modificación de crédito de 1,1 millóns de euros, que si foi aprobada en pleno cos votos a favor do BNG.

Agora abrirase un prazo de 15 días de exposición pública para presentar alegacións. Finalizado este tempo e valoradas as achegas que reciba, a xunta de goberno local procederá á súa aprobación definitiva.