PORTO DO SON> O Siradella do Naútico de Portosín fíxose con triunfo na Regata Ramiro Carregal – Gran Trofeo de Faro de Corrubedo. Logrou impoñerse nas dúas xornadas de competición nas que se disputou unha proba costeira e un barlovento-sotavento.
Máis de 20 embarcacións participaron esta fin de semana na vixésimo cuarta edición da Regata Ramiro Carregal. Gran Trofeo de Farro de Corrubedo que organiza o Real Club Náutico de Portosín en colaboración co Náutico de Ribeira e a Federación Galega de Vela.
A vitoria foi para o Siradella de Portosín que acadou un triplo triunfo, non só como vencedor na súa división de regata e do gran trofeo senón como Campión Galego ORC. A segunda praza en regata foi para o Bon III do Club Náutico de Punta Lagoa seguido en terceiro posto polo Peperetes Nortemar do Real Club de Regatas de Galicia.
Na clase cruceiros/regata venceu o Orión de Baiona, seguido do Ziralla Primeiro do Ro Yacht Club e o Ronáutica Marinas do Náutico San Telmo. O podio na clase cruceiros estivo encabezado polo Cámping Ría de Arosa, do Náutico Arousa Norte. A prata e o bronce quedaron no náutico de Ribeira para o Galopín e A Píllara respectivamente.
A entrega de premios celebrada no náutico de Portosín puxo fin a dúas xornadas de competición: a primeira unha regata costeira entre Portosín e Riveira e a segunda máis técnica cun barlovento- sotavento cara as illas de Rúa e de Sálvora. Tras esta gran fin de semana velística, as embarcacións miran xa cara o próximo sábado cando terán a outra cita na comarca do Barbanza coa Regata Frinsa que organzia o náutico de Ribeira tamén co patrocinio de Ramiro Carregal.










