A Deputación investirá douscentos mil euros na mellora da estrada de San Isidro

    POBRA> O executivo da Pobra levará a pleno a mellora da estrada de San Isidro, na que a Deputación da Coruña investirá douscentos mil euros. Este proxecto contempla a construción de beirarrúas nun treito duns douscentos metros e a pavimentación da estrada. O obxectivo principal é incrementar a seguridade da vía. A aprobación desta actuación será debatida na sesión do próximo xoves na que tamén se abordará a proposta sobre o mantemento das Xunqueiras, unha vez finalizada a súa rexeneración.