Pesar en Ribeira polo falecemento do ex edil Xosé Antón Parada

RIBEIRA> Fondo pesar en Ribeira e, por extensión en toda a comarca do Barbanza, polo falecemento do profesor Xosé Antón Parada. Tiña 72 anos.

Natural de Moaña, residiu boa parte da súa vida en Ribeira. Doutor en Filoloxía Clásica e mestre de ensino medio en varios institutos da zona, o último antes de xubilarse no da Pobra do Caramiñal.

Entre os seus méritos figura a tradución, dende a súa lingua orixinal, o acadio, do ‘Codigo Hanmurabi’. Durante case 8 anos foi concelleiro do BNG en Ribeira.

A capela ardente cos seus restos mortais estivo instalada no tanatorio do Barbanza, en Xarás, onde foi incinerado a última hora desta tarde. Descanse en Paz.