A Pobra organiza unha acción de voluntariado ambiental na praia da Corna

A POBRA> A concellería de Medio Ambiente da Pobra organiza unha xornada de limpeza na praia da Corna. Será o domingo 12 de mazo, en horario de mañá, entre as dez e a unha. Para participar requírese inscrición previa, podéndose realizar no propio Concello ata o vindeiro 3 de marzo.

A boa experiencia dunha xornada de limpeza levada a cabo o pasado ano, foi unha das razóns que levou á concellería de Medio Ambiente da Pobra a volver a organizar unha nova acción medioambiental. Será da man de voluntarios e realizarase o domingo 12 de marzo e desenvolverase no areal da Corna, entre as dez e a unha.

A retirada do lixo da praia realizarase de xeito manual. Para participar requírese inscrición previa, podéndose realizar no propio Concello ata o vindeiro 3 de marzo.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí