As obras do Castro de Baroña encaran a súa terceira fase

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/29/alcaldeportodosonvisitaobrascastrobarona2905141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/29/alcaldeportodosonvisitaobrascastrobarona290514.mp4{/flowplayer}

PORTODOSON> Nesta fase reconstruíronse dúas murallas, ofrecendo unha visión moito máis espectacular deste xacemento histórico. As obras foron visitadas polo equipo de goberno.

Lévanse investido máis de 200.000 euros entre as tres fases que se executaron no xacemento sonense, pero como poden observar os resultados melloran considerablemente a panorámica deste recuncho de historia. Para executar estas obras foi necesaria a colaboración do concello de Porto do Son, da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia. O alcalde, Luís Oujo, asegurou que se seguirá investindo en mellorar a xoia da vila. A terceira fase das obras rematará a vindeira semana segundo está previsto. Oito técnicos traballaron durante todo o mes para reconstruír dúas das murallas que compoñen o Castro de Baroña. A primeira ten 40 metros de longo por 6 de ancho e ó redor da outra escaváronse 5 metros co obxectivo de sacar á luz parte do xacemento enterrado. O actual goberno anunciou ademais importantes melloras de accesibilidade ó Castro. Grazas ó investimento da deputación construirase unha pasarela de madeira desde a estrada. Tamén se anunciou a creación dunha senda peonil que comunicará o centro da vila con este monumento da cultura castrexa.