ANPA do IES de Vilalonga denuncian problemas co transporte escolar

SANXENXO> Membros da ANPA e alumnos do IES de Vilalonga denunciaron as portas do centro os problemas que están a sufrir os estudantes de bacharelato con respecto ao transporte escolar na actualidade, e a previsión de que empeoren de cara ao ano que ven.
O entorno do IES de Vilalonga foi o emprazamento elixido para celebrar unha manifestación na que pais e alumnos do centro solicitan solucións para os problemas que os alumnos de Bacharelato, e aqueles da ESO, aos que non lles corresponde o centro, están a sufrir co transporte escolar e que previsiblemente empeorarán de cara ao curso que ven.
Os responsables do ANPA expuxeron as medidas que solicitan, entre as que destacan a rebaixa do prezo do bus, a posibilidade de sacar un bono mensual ou un desconto para familias numerosas, entre outras.
Motivos, que segundo os pais e alumnos de este instituto sanxenxino, motivan manifestacións como as de esta mañá, coa que esperan conseguir corrixir, esta situación, que denominan inxusta.