Noia celebrará a Pink Fashion Night

    NOIA> Durante a xornada de sábado os establecementos ofreceran apetitosos descontos co obxectivo de animar as compras e mellorar as ventas.

    Preséntase un sábado repleto de actividades nas rúas de Noia con motivo do Pink Fashion Night impulsado pola asociación Noia Histórica. Desde as 6 da tarde haberá inchables e obradoiros para os máis pequenos no Curro e na Praza da Fanequeira. Música e baile tamén amenizaran unha xornada na que as protagonistas son as compras. As tendas que ofrecerán estes descontos serán claramente identificados polas súas alfombras e camisetas rosas fucsia. Espérase que esta nova edición sexa un éxito e repunte as ventas dun trimestre non demasiado bo. O sector hostaleiro únese a esta iniciativa do comercio noiés para aproveitar as sinerxías de ambos. A asociación comercial aproveitou para firmar un convenio de colaboración co Banco Sabadell – Gallego que ofrece unha serie de vantaxes que os asociados viñan reclamando desde hai tempo.