O concello noiés homenaxeará á orquestra París de Noia

    NOIA> Está previsto un fin de semana de festas e actividades baixo o nome “Noia terra xove”.

    Do 27 ó 28 de xuño, Noia celebrará unha homenaxe á París de Noia, orquestra da que se senten realmente orgullosos, e á cal lle agradecen que leven o nome da súa vila alá onde vaian. A concelleira de turismo e comercio, Mónica González, así nolo contaba. Durante este fin de semana, realizaranse numerosas actividades nas rúas do concello baixo o nome “Noia terra xove”. Entre esas actividades haberá inchables para nenos, actuacións de magos, espectáculos de trial, música e baile. Todo co obxectivo de botarlle unha man á hostalaría e comercio de Noia nun momento no que a crise menoscaba ó sector.