O alcalde de Ribeira recibe no Concello a unha delegación de taekwondistas australianos

    RIBEIRA> O alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, recibía este mediodía no salón de plenos do Concello a unha delegación de equipo australiano de taekwondo ‘Melbourne Taekwondo Center’. A expedición, formada por quince deportistas e dous adestradores, está a pasar uns días na localidade a invitación do club local Natural Sport, despois de ter participado a semana pasada no Open de España que se disputou en Alacante. No acto, que rematou cun intercambio de agasallos, tamén tomaron parte o edil de Deportes, Anxo Orellán e o director deportivo do Natural Sport, Juan Luis Martínez.