As rúas noiesas tinguiranse este sábado de rosa

    NOIA> A Asociación Noia Histórica organiza a ‘Pink Fashion Night’, na quue tomarán parte preto de 60 establecementos, que lle ofrecerán ós seus clientes importantes descontos nas súas compras. Este mediodía presentábase na sede da patronal noiesa, entidade organizadora, a cuarta edición da ‘Pink Fashion Night’ que se desenvolverá este próximo sábado día 30. A programación deseñada para esta xornada, na que os comercios ofreceran apetitosos descontos dun 20% nos seus produtos ós clientes, arrancará a partir das cinco e media da tarde, con múltiples actividades polas principais rúas do casco urbano da vila. Dase ademais a circunstancia de que haberá record de participación. Unha das principais novidades da presente edición é a implicación do sector hostaleiro da localidade. Para o desenvolvemento desta iniciativa Noia Histórica conta coa colaboración do propio concello, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, a través da Dirección xeral de Comercio.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí