O Campus do Celta repite en O Grove

O GROVE> O Campus do Celta repite no Grove. Do 7 ao 11 de xullo, a vila meca acollerá por segundo ano consecutivo esta cita, organizada pola Fundación do club, que ofrecerá aos nenos a posibilidade de practicar deporte, formarse como persoas e, sobre todo, pasar un bo rato.

 

A Fundación do Celta volve escoller O Grove como sé do seu campus de verán, unha iniciativa que mestura deporte, lecer e valores.

O campus vai dirixido a rapaces e rapazas de entre 4 e 16 anos, e se desenvolverá entre os días 7 e 11 de xullo polas mañás. Os adestramentos seguirán a metodoloxía que emprega o Celta na súa canteira, con actividades específicas de fútbol, outras coordinativas e outras multideporte.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata uns días antes de que arranque o Campus. As matrículas teñen un custo de 130 euros, 100 para os nenos empadroados no concello do Grove. A todos eles entregaráselles unha equipación, cunha segunda camiseta de regalo para os que se inscriban antes do 6 de xuño.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/29/ptac_campus_celta_grove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/29/ptac_campus_celta_grove.mp4{/flowplayer}