Máis de 600 deportistas daranse cita en Pontevedra co gallo do Campionato de España Infantil Feminino de Baloncesto

PONTEVEDRA> O futuro do baloncesto feminino darase cita no mes de xuño en Pontevedra. Do 2 ao 8 dese mes o concello acolle o Campionato de España Infantil Feminino deste deporte. Unha cita que reunirá a máis de 600 deportistas e moverá a preto de 2.000 persoas.

O futuro do baloncesto feminino ten unha cita en Pontevedra. A cidade acolle do 2 ao 8 de xuño o Campionato de España Infantil Feminino deste deporte.

A fase de grupos disputarase nas dúas pistas do pavillón da Xunqueira. Os cuartos, semifinal e final serán no pavillón municipal.

Dende a Federación Galega de Baloncesto calculan que a celebración deste campionato en Pontevedra terá un impacto económico na cidade de ao redor de 300.000 euros.