A terra volve tremer en Porto do Son

    PORTO DO SON> Tralos tremores rexistrados a principios de ano en Porto do Son, a actividade sísmica volveu á comarca. Ata cinco terremetos sacudiron o municipio sonense a pasada tarde. Os tremores sucedéronse dende as seis da tarde ata preto das nove da noite. O de maior magnitude, 2’4 graos na Escala Ritcher foi o primeiro en rexistrarse. A continuación foron descendendo en intensidade ata os 1’7 graos. Malia que se trata de terremotos pequenos, apenas perceptibles para a poboación, a comarca estase a converter nunha zona de gran actividade sísmica motivada pola existencia dunha falla no mar. A finais do pasado mes de xaneiro, un terremoto con epicentro a dous quilómetros da costa sonense chegou a alcanzar os 2’9 graos de intensidade, deixándose sentir en varios municipios do Barbanza.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí