O GAC 4 avanza na mellora da comercialización e a promoción do turismo mariñeiro

    MUROS/NOIA> O Grupo de Acción Costeira Seo de Fisterra – Ría de Muros Noia traballa dende a súa constitución en dúas liñas básicas: a promoción do turismo mariñeiro a través do selo de calidade Mar Galaica e a mellora na comercialización dos produtos pesqueiros. Con este segundo obxectivo veñen de poñer en marcha unha plataforma de venda conxunta na que participan varias confrarías. Paso a paso, a central de vendas do polbo vai consolidándose como unha plataforma de comercialización conxunta que busca mellorar a rendibilidade das confrarías que participan no proxecto garantindo un prezo mínimo par aos produtores e unha oferta suficiente para satisfacer as demandas dos compradores. No marco de Mar Galaica, ás actividades puntuais que se realizan durante todo o ano, hai que engadir un dos proxectos máis exitosos do GAC que volverá ponerse en marcha o próximo mes de xuño: as xornadas Come o Mar. Ó balance ó longo destes cinco anos de andadura non pode ser máis positivo polo que dende a xerencia do GAC 4 traballan xa na elaboración de novos proxectos que sigan a poñer en valor a riqueza mariñeira da ría.