Presentada a segunda edición do campionato de duatlón en Ribeira

    RIBEIRA> Esta mañá presentábase a segunda edición do campionato de duatlón Concello de Ribeira. A cita deportiva, de carácter popular, desenvolverase o domingo 19 de outubro. A incrición xa está aberta na páxina www.emesports.es, cun límite fixado nos douscentos participantes.

    O éxito da edición celebrada o pasado ano, cunha ampla participación fixada nunhas 200 persoas, levaron á asociación As Miñoteiras e ó propio concello, a volver a organizar esta cita deportiva. A proba deste ano contará con algunha que outra novidade con respecto ó ano anterior. Unha delas é o trazado que varía, cun circuíto deseñado entre a avenida do Malecón e o porto da Ameixida. O edil de Deportes, Juan Luis Martínez, informou de que a proba irá destinada a tódalas categorías, dende cadetes a veteráns, cun máximo de 200 participantes. Dende a organización destacaron a importancia desta proba que pretenden se convirta no futuro nun referente a nivel galego. Tamén pediron comprensión ós veciños que pudieran verse afectados polo cortes de algunha rúa durante a carreira, facendo un chamamento a todos aqueles voluntarios que queiran axudar para o bo desenvolvemento da proba. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/03/presentacionduatlonribeira0310141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/03/presentacionduatlonribeira031014.mp4{/flowplayer}