A FEB organiza unha campaña única de Nadal con preto de 400 comercios participantes

    BARBANZA> Os representantes das asociacións de Padrón, Rianxo, Boiro, Pobra, Ribeira e Noia, integradas na FEB, mantiveron unha xuntanza para deseñar a vindeira campaña de Nadal. As patronais locais acordaron realizar unha campaña única no territorio da FEB, dende o 1 de decembro de 2014 ao 6 de xaneiro de 2015 empregando o mesmo formato de anos anteriores, baseado nas rifas e sorteo de vales de compra. Tamén se mantén a contía coa que contribuirá os comercios adheridos, sesenta euros, que se destinarán integramente ós premios en forma de vales de compra de 100 €. Estímase unha participación de entre 300 e 400 comercios, polo que habería unha recadación de entre 18.000 € e 24.000 € que irían destinados a premios. O sorteo celebrarase o venres nove de xaneiro no restaurante O Trapeiro de Lousame.