O CIM de Ribeira promove un curso de defensa persoal para mulleres

    RIBEIRA> O Centro de Información a Muller de Ribeira está a organizar un curso gratuíto de defensa persoal feminina. Esta acción desenvolverase o vindeiro catorce de xuño no complexo da Fieiteira e terá unh duración de dúas horas: entre as 10.30 e as 13.30 horas. As interesadas en asistir poden apuntarse no propio CIM, situado en Deán Pequeno, no edificio Miradoiro de Padín ou ben a través do teléfono 981 874 131 ou no enderezo electrónico cim@riveira.com. O acceso será por orde de inscrición ata esgotar as prazas. O Club Judo Cambre colabora na organización desta actividade.