Boiro entrega os Premios Benestar Social

BOIRO> O hall da casa consistorial foi o escenario no que se desenvolveu o acto de entrega da primeira edición dos Distintivos Benestar Social 2022, uns galardóns cos que o Concello pretende recoñecer a labor social e de voluntariado no municipio.

Os distinguidos desta primeira edición foron Teresa Romero e Belén Artime pola súa labor dentro de Cruz Vermella; á empresa Jealsa, polo seu apoio a persoas na realización de actividades e promoción da inclusión; o Club de Piragüismo Rías Baixas polo impulso ó deporte adaptado; a Cáritas como entidade social polo traballo diario para a cobertura das necesidades da veciñanza do municipio; e a Marísa Lojo, presidenta da Asociación Española conta o Cancro de Boiro, á que se le concedeu o distintivo por ‘Méritos Extraordinarios’ pola súa traxectoria de décadas á fronte da entidade.

No acto, tomaron parte tamén diversas autoridades, entre elas, o alcalde, José Ramón Romero, e a Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel. Os dous agradeceron o traballo  e a labor desinteresado e en beneficio da sociedade que realizan tódolos premiados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí