Tragsa inicia a demolición de La Onza de Oro

    derrubeonzadeoro_100_220410.jpgPOBRA> A empresa Tragsa iniciou o derrubamento da antiga fábrica de La Onza de Oro como o primeiro paso para a rexeneración do litoral da Ribeiriña.

    {flowplayer}barbanza/derrubeonzadeoro.flv{/flowplayer}

    Tras máis dun século dominando o perfil costeiro da Ribeiriña, a nave de La Onza de Oro formaba xa parte da paisaxe deste pequeno núcleo pobrense. As máquinas comezaron esta semana a derruír a factoría.

    En tan só uns meses, a fábrica que noutrora impulsara a dinamización do concello coa creación de emprego e riqueza, quedará reducida a anacos e o espazo que agora ocupa volverá ó seu estado natural. Recuperarase a praia, soterrada baixo o recheo e construirase un paseo marítimo que, nunha segunda fase, conectará co do Conchido.

    Os veciños da zona amosáronse satisfeitos coa actuación aínda que algúns terán que ceder parte das súas propiedades.

    Motor da zona

    Agardan que a rexeneración da franxa litoral contribúa mellorar este núcleo non só para o desfrute dos visitantes senón dos propios veciños. Algúns deles contemplaban con certa morriña os traballos de demolición. É e que aínda que recoñecen que a nave abandonada converterase nos últimos tempos nun vertedoiro que afeaba a paisaxe, para moitos é difícil esquecer os anos de traballo na conserveira que trouxo consigo o progreso económico para o lugar.

    De seguro, que a recuperación do bordo litoral, unha vez rematada, tamén terá o seu efecto dinamizador coa atracción de máis visitantes a este pequeno núcleo costeiro.

    Redacción Barbanza