O PSOE non contará con Piñeiro para a alcaldía de Rianxo

    pedropi.jpgBARBANZA> Os socialistas renovarán cabezas de lista en alomenos catro concellos, na Pobra, en Porto do Son, en Ribeira e en Rianxo.

     
    Tras ocupar o sillón da alcaldía no concello de Rianxo durante catro lexislaturas consecutivas, Pedro Piñeiro tomou a decisión de abandonar o mundo da política. O partido socialista xa non poderá contar con el para as municipais de 2011.
     
    Varios aspirantes
     
    Agora queda a complicada tarefa de buscarlle un substituto e xa comezan a escoitarse algúns nomes que poderían entrar na quiniela. O que soa con máis forza é o de Carlos Gey, xefe de prensa do concello de Rianxo dende hai seis anos e man dereita do alcalde. Malia que non milita nas ringleiras do PSOE, goza de toda a confianza de Pedro Piñeiro para ser candidato. Outros aspirantes poderían ser os actuais concelleiros de cultura, José Figueiro e Carme Figueira, edil de Emprego e Xuventude. Quen xa parece descartada por motivos profesionais é a tenente de alcalde Sonia Castaño.
     
    {flowplayer}barbanza/psoecandidatosbarbanza.flv{/flowplayer}
     
    Os futuros alcaldables noutros concellos parecen que están máis claros: En Boiro repetirá Juan Jesús Ares, tenente de alcalde nun goberno de coalición co BNG. Haberá cambios en Porto do Son onde Xoán Pastor Rodríguez, alcalde tras unha moción de censura, substituira o anterior candidato, Ramón Quintáns e na Pobra, xa que se espera que Andrés Rey ceda paso a Teresa García como primeira na lista.
     
    Onde aínda non están as cousas moi claras é en Noia e en Ribeira. Rafael García Guerrero, actual rexedor noiés, está a valorar se repetirá como candidato e na cidade ribeiresa a formación socialista anda na procura dunha persoa para encabezar a súa lista.
     
    Redacción Barbanza