VILAGARCÍA > A festa da solidariedade de Vilagarcía celebrouse hoxe gracias á participación de 18 ONG’s e organismos destinados …
… a traballar de xeito altruísta con colectivos desfavorecidos. Esta celebración, que antes se facía no auditorio, trasladouse este ano á Praza de Galicia para fomentar a participación da xente.
18 foron os postos solidarios que se reuniron esta mañá na capital Arousana. Solidariedade Internacional, Voluntarios pola defensa do Monte Galego ou Asociación Española de Loita contra o Cancro foron algúns dos postos que saíron á rúa. Pero tampouco faltaron as oficinas de voluntariado dos concellos de Cambados, Padrón e Vilagarcía.
Ademáis dunha mostra o programa deseñado pola Concellería da Mocidade e da Xuventude incluíu obradoiros, actividades formativas e exhibicións. Os postos achegáronse ate a Praza cargados de información pero tamén de xogos e obradoiros para os máis pequenos.
Na mesma Praza de Galicia tamén se puido ver un simulacro de salvamento dun home que quedara inconsciente e suspendido por unha corda a uns 10 metros de alturas. A agrupación local de Protección Civil de Vilagarcía foi a encargada de levar a cabo o ficticio salvamento que congregou a gran número de público. Con este simulacro os asistentes puideron observar as accións que se levarían a cabo en caso de producirse un accidente deste tipo.
A xornada continuou coa degustación de productos gastronómicos de comercio xusto e cun pasarúas a cargo do grupo senegalés Galu Teranca. Xa pola noite desenvolveuse un videoforum no que se proxectou un documental sobre inmigración.
Esta festa enmárcase no Plan de Acción Local Voluntaria mediante o que a Concellería pretende fomentar o voluntariado e buscar unha maior implicación da sociedade nos proxectos que desenvolven as ONGs.
Redacción Salnés