CAMBADOS> Unhas oitenta persoas déronse cita na primeira edición destas xornadas que superaron tódalas expectativas dos organizadores.
{flowplayer}images/salnes/XORNADA_VIEIRA_FINDE.flv{/flowplayer}
Adegueiros, restauradores, hostaleiros, profesionais do sector, etc. Ata un total de 80 persoas déronse cita nas xornadas promocionais enogastronómicas ‘Albariño e Vieiras, excelente maridaxe’ que se celebraron os días 16 e 17 de marzo en Cambados.
Unhas cifras que desde o concello valoraron moi positivamente e que se apreciaron tanto nas actividades técnicas como nas demostracións culinarias. Pola súa banda, a afluencia ós concertos tamén foi consideradas.
Uns resultados que, sen dúbida, superaron tódalas expectativas de participación. Ademais, segundo Mané Galiñanes, conseguiron un dos obxectivos que pretendían con estas xornadas: desestacionalizala promoción destes produtos da época estival.
Ante este éxito, desde o concello xa confesaron que esta será a primeira de moitas outras edicións. Ademais, adiantaron que están traballando noutras iniciativas de promoción. Por unha banda, estarán na feira Enotur que se vai a celebrar en Madrid e, por outra, agardan poder acoller este ano o Congreso Nacional da Asociación Española de Ciudades del Viño.
Redacción Salnés