Sanxenxo acollerá a primeira fase do Campionato de España de seleccións autonómicas

SANXENXO> A primeira fase do Campionato de España de seleccións autonómicas celebrarase nas Rías Baixas, concretamente en Sanxenxo. Do 27 ao 29 de decembro a vila encherase das mellores promesas do fútbol autonómico e nacional.

A primeira fase do Campionato de España de seleccións autonómicas chega a Sanxenxo, para ofrecer un espectáculo de calidade a todos os que acudan a cita.

Portonovo e Vilalonga, máis concretamente os campos de Baltar ou de San Pedro serán os emprazamentos nos que as seleccións masculinas sub16 e sub18 xogaran esta primeira fase, que durará dende o vindeiro 27 ata o 29 de decembro.

As seleccións de Galicia, Extremadura ou a Comunidade Valenciana participaran nesta primeira fase, na que os encontros se desputarán en horario de mañá e que serán de balde para todos aqueles que se queiran achegar ata Sanxenxo.