{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/30/mesarenacerdiamundialsentabaco3005141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/30/mesarenacerdiamundialsentabaco300514.mp4{/flowplayer}
RIBEIRA> A asociación Renacer instalou, na rúa Galicia, unha mesa informativa para concienciar á poboación dos prexuízos do tabaquismo.
En Ribeira o día mundial sen tabaco desenvolveuse dun xeito especial. A entidade Renacer intercambiou cigarros por caramelos. Todo co obxectivo de promover hábitos saudables entre os veciños. Renacer ofreceu ademais asesoramento e algúns consellos para deixar de fumar. Moitos foron os que se achegaron ata este stand informativo no que puideron facer, a pe de rúa, unha cooximetría e coñecer así o seu nivel de dependencia. Numerosas persoas deciden plantarlle cara ó tabaco despois de ver as cifras que apunta este complexo aparello. Algúns deixaron alí os seus cigarros a cambio caramelos. Hai quen recaeu… pero hai outros que venceron a loita e se senten realmente orgullosos. A campaña realizouse paralelamente nos distintos centros educativos de Ribeira, unha mostra máis de que Renacer continúa apostando pola prevención desde a base da sociedade.