OUTES> As actuacións, que xa foron adxudicadas, serán executadas de inmediato. O presidente de Portos José Juan Durán anunciaba, durante unha visita realizada ás instalacións portuarias do Freixo, esta actuación, que consistirá na reparación e mantemento de dúas estruturas deste peirao. A primeira delas o dique flotante que sufreu desperfectos a causa dos temporais e a virulencia do mar este pasado inverno. Tamén se repararán varios fingers que se atopaban en mal estado. As dúas actuacións, que serán executadas de inmediato, contan cun investimento duns quince mil euros, e virán a mellorar as condicións dos usuarios deste porto, tanto do sector profesional como tamén da náutica recreativa.
Inicio BARBANZA