A Xunta reclamará fondos para impulsar o relevo xeracional da pesca

BARBANZA> Así o anunciou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a súa comparecencia no Parlamento para informar sobre as demandas propostas por Galicia en relación á reformulación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. A conselleira, Rosa Quintana, informou en sede parlamentaria das intencións do Goberno Galego, que pretende volver a darlle voz ó sector para reforzar a defensa dun novo fondo europeo de financiamento pesqueiro, simplificado e adaptado á realidade da nosa Comunidade, a través dos representantes do Pleno do Consello Galego de Pesca. A titular de Mar aludiu tamén a cales serán as principais prioridades de cara a avanzar e mellorar o futuro do sector. Segundo ela, esas claves pasarían por atender o relevo xeneracional, centrar apoios na adecuación do esforzo pesqueiro, a mellora da organización e xestión dos recursos, o sostemento dunha transformación competitiva, de forma especial fronte á presión foránea ou mesmo dar continuidade á diversificación económica do sector, especialmente nas zonas costeiras rurais.