‘Horizonte 2030’ exaltará a actividade acuícola galega

    RIANXO> A Asociación Mexilloeira Rianxeira e o Grupo de Acción Costeira Ría de Arousa puxeron en marcha este ambicioso proxecto.

    A firma horizonte 2030 pretende contribuír a potenciar a competitividade do sector acuícula mediante a posta en valor dos produtos galegos, centrándose no mexillón, por ser este un produto xerador de riqueza para toda a comunidade e especialmente para a zona de Arousa. Rianxo e Galicia serán referentes en materia do produto mariñeiro a través de diversas actividades, como a realización dun campus mariño, un foro de acuicultura ou a creación da semana da ciencia. Cantidade de iniciativas dirixidas ó sector pesqueiro e mexilloeiro pero tamén ós escolares e ás persoas con diversidade funcional da asociación AMBAR. Cabe destacar que os vindeiros días 13 e 14 de xuño realizarase o I foro de debate sobre a situación da actividade acuícola en Galicia. O evento levarase a cabo no Auditorio Municipal da vila rianxeira e será inaugurado pola conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana. A súa realización será posible grazas a colaboración conxunta de diversas entidades.