Os veciños estudan a creación dunha comisión de afectados polo PXOM

    surez_100_210606.jpgPOBRA > Novamente o PXOM da Pobra segue a xerar as protestas de diferentes colectivos. Nesta ocasión son as asociacións de veciños de Santa Cruz e A Lanterna as que critican o documento urbanístico posto que favorece os intereses dos especuladores en detrimento dos veciños. O seu presidente, Xosé Manuel Suárez, considera que as correccións propostas pola Xunta de Galicia axústanse á legalidade polo que a única solución sería a reforma da Lei do Solo.

    Os veciños están a plantexar a creación dunha comisión de afectados polo Plan Xeral que permita a defensa dos seus intereses establecendo compesacións e permutas de terreos no caso de que as súas fincas queden sen edificabilidade. O presidente dos colectivos veciñais, Xosé Manuel Suárez, entende que o PXOM actual non se axusta á legalidade polo que a Dirección Xeral de Urbanismo introduciu numerosas condicións para a súa aprobación.

    Suárez criticou tamén a actitude do BNG que vén de presentar unha pregunta parlamentaria na que solicita aclaracións á Consellería de Política Territorial con respecto ás modificacións introducidas.pobra_200_210606.jpg

    Así mesmo, refiriuse á política municipal no eido urbanístico que favorece os intereses de ‘amigos do goberno’ que compran fincas a prezos moi baixos que logo serán recalificadas a través de distintos procesos.

    Por outra banda, os veciños botan de menos a previsión de construción de vivenda protexida neste planeamento que non dedica nin un só metro cadrado a este fin cando a lei establece un mínimo do 25 por cento.

    Redacción Barbanza