O BNG demanda medidas para a seguridade dos peóns

    POBRA> O BNG da Pobra volve insistir na necesidade de incrementar a seguridade viaria en todo o municipio. A través dunha moción solicitarán o reforzo da sinalización nos pasos de peóns e a habilitación de zonas limitadas a trinta quilómetros por hora. A falla de pasos de peóns en moitos puntos do municipio e o mal estado en que se atopan moitos dos que existen preocupa ó BNG que leva tempo demandando a toma de medidas para mellorar a seguridade viaria, especialmente dos peóns. Consideran polo tanto necesario reforzar a sinalización en tódolos puntos, con especial incidencia nos pasos de peóns, e tomar medidas para reducir a velocidade nos treitos urbanos. Tamén demandan actuacións no eido rural que apenas conta con lugares para o tránsito dos peóns. Existen tamén ademais numerosas estradas que non reúnen as mínimas condicións de seguridade e nas que os vehículos circulan a gran velocidade.