Piden que as empresas locais opten tamén as adxudicacións do concello

    BOIRO> O Bloque Nacionalista Galego vén de criticar os métodos do equipo de goberno na adxudicación dos contratos de obras. A través dunha moción que presentarán ó vindeiro pleno, os nacionalistas poñen coma exemplo o acontecido co proxecto de ampliación do cemiterio municipal de Vista Alegre, en cuxa licitación se empregou o procedemento negociado sen publicidade, no que se convidou a un total de tres empresas, ningunha delas radicada en Boiro. Dende a formación frentista púxose de manifesto o seu rexeitamento a que se fagan este tipo de contratos, instando ó executivo boirense a favorecer, nun futuro, a que as firmas locais poidan participar tamén na adxudicación destas obras públicas municipais.